Sunday 05 de May de 2024

Xuntanzas informativas sobre os predios de substitución da concentración Mercurín-Lesta II


Terán lugar en ambas as parroquias o vindeiro martes ás 10 e 12 horas

O vindeiro martes, 29 de novembro, convócase a todas as persoas interesadas a unha xuntanza informativa na que se tratará a toma de posesión provisional dos predios de substitución da concentración parcelaria Mercurín-Lesta II.

Co fin de facilitar a asistencia á dita convocatoria a Xefatura Territorial da Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia ten previstas dúas reunións. A primeira delas será ás 10 horas na escola unitaria de Mercurín, e a segunda ás 12 horas na igrexa-local da asociación veciñal de Lesta.